_
_
_
_
_
PSICOFONÍAS | LUCES
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Gaitas

O meu amigo, o escultor Francisco Leiro, recibiu o encargo do Concello de Ortigueira para realizar unha peza de invocación ao gaiteiro, tan vinculado a esa vila polo seu extraordinario festival e a súa eficiente e histórica Escola de gaitas. Leiro é un cambadés cosmopolita que reparte a súa vida, é dicir, o seu traballo e talleres, entre o Salnés, Nova York e Madrid.

Cando eu, privilexiado, vin o primeiro esbozo da obra no seu estudio de Cambados, amais de quedar impresionado pola habilidade primixenia de Leiro para o movemento da figura humana e o expresionismo, pregunteille pola circunstancia de que a gaita (o que plasticamente representaba a gaita) aparecía con tres roncos, o que é habitual na gaita escocesa e principal diferencia coa galega (dun só ronco).

Leiro explicoume que quería facer un gaiteiro intercéltico porque vinculaba a peza ao lugar no que desde hai tantos anos se celebra o Festival do Mundo Celta. Eu, profano en escultura e gaitas, recordei, efectivamente que a única que vez que mirara de cerca unha gaita escocesa, amais de nas botellas de whisky, fora nos desfiles das bandas escocesas en Ortigueira. Ou sexa, Leiro, alleo á polémica de especialistas sobre a introdución en Galicia da foránea gaita de tres roncos, pretendía un gaiteiro, coma el mesmo, internacional e cosmopolita.

Agora a escultura xa está no seu lugar (foi inaugurada na recente edición do Festival) e a polémica trasladouse á propia peza (á que recomendo visita). Eu mesmo fun testemuña de discusións a pé de obra.

Creo que, aínda que o que posiblemente atente contra a tradición galega sexan as percusións metálicas e non tanto a sonoridade da gaita de tres roncos, hai un certo aire de saúde cultural en que nos apaixonemos polo propio (a gaita, neste caso) tan repudiada hai só unha décadas e tan dignificada agora. Que non pare a festa!

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_