_
_
_
_
_
Entrevista:UNHA LINGUA RENDIBLE | Benigno Sánchez - Director da CRTVG | LUCES

"Acadamos que o 50% dos anuncios sexan en galego"

O director xeral da Compañía da Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), Benigno Sánchez, considera que ten nas mans un potente aparato para divulgar e normalizar a utilización do galego nos negocios. "Cando chegamos a novo equipo, o 59% dos anuncios de empresas privadas na TVG eran en castelán. Estamos a darlle a volta a situación e xa conseguimos que agora o 50% da publicidade sexa en galego", explica o responable da televisión pública galega. "Estou convencido, e así nolo din os nosos estudios de mercado, que o galego non é un obstáculo para que os negocios anden polo mundo porque é un xeito de singularizar, situar e darlle valor engadido a un producto", opina Sánchez.

A TVG ten en marcha unha campaña con incentivos e descontos comerciais para que as empresas divulguen a súa publicidade en galego. "Está funcionando moi ben e o noso obxectivo é chegar a un 100% de anuncios en galego". Benigno Sánchez subliña que, ademáis, "ver falar na tele en galego a importantes homes de negocios e persoeiros da economía é algo que normaliza, divulga e quita moitos medos ao emprego da lingua galega no mundo da empresa".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_