_
_
_
_
_
Entrevista:GUADI GALEGO | Cantante | LUCES

"Quero reinterpretar a música tradicional"

Ela fala paseniño no rodopío de auga de Compostela namentres en Cedeira hai alerta vermella de temporal no mar. Se se apagase o faro de Punta Candieira, sería a voz de Guadi Galego (Cedeira, 1974) a que conduciría os barcos a terra. O seu canto de serea podería guiar, onda a onda, alentía a alentía, as proas náufragas cara ao peirao, nun camiño de retorno que sempre a leva á casa. Esta música -gaiteira, cantante, percusionista, pianista- percorre os escenarios coa aposta coral de Berrogüetto, a intimidade de Espido e o mar de Nordestinas.

Pregunta. ¿Que herdaches das mulleres do mar?

R. Pois admiro especialmente o seu orgullo de ser dun lugar. Admiran e queren a súa vila, a súa xente, non se avergoñan. Eu creo que son profundamente herdeira diso, no bo e no malo.

Más información
Mil 'rosalías' máis

P. Convertiches a esas mulleres tamén en canción.

R. O disco Espido foi o meu espido persoal, obrigoume a sacar á luz os sentimentos. As letras nacen das vivencias, pero a pegada da música tradicional está tamén presente. Non quero deixar atrás iso porque creo que nas letras populares existen moitas metáforas para explicar o mundo. Sigo atopando moito material na literatura oral. Nese sentido, son consciente de que arrisco pouco.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

P. ¿Cambiaches definitivamente a gaita pola voz?

R. A gaita leva comigo dende os 11 anos e chegou a se converter nunha obsesión. O meu pai tocaba o trombón de varas e tamén os meus irmáns andaban con diferentes instrumentos. Logo veu o piano, a percusión e maxisterio musical. Vivino con total naturalidade. Dedicarme á música non foi premeditado. E o de cantar tamén.

P. No teu caso prodúcese unha evolución á inversa de moitos outros músicos. Pasas de te enfrontar a 100.000 persoas con Berrogüetto aos concertos intimistas de Espido.

R. Impresióname moito máis. Con Espido a ausencia de timbres fai que a palabra chegue máis intimamente. A forza tímbrica de Berrogüetto é outra cousa. É capaz de facer vibrar a 20.000 persoas co seu estourido. Fronte aos espectadores, cara a cara, vívese doutra maneira. Impón máis.

P. Insistes no aspecto circunstancial. ¿Non hai nada vocacional en ti?

R. A vocación vaise educando. Para min o da música foi un destino natural. Gústame deixarme levar e afrontar o que cada tempo me pide. Non decidín dedicarme á música profesionalmente ata os 20 anos e non sei se morrerei cantando nos escenarios, nos bares ou só na miña casa. Pero a música é unha necesidade da que non podes prescindir. Asústame un pouco pensar no futuro. Agora apetéceme traballar a música tradicional, non dende un punto de vista purista senón pasado polo filtro da miña interpretación. Quero reinterpretala e sacar á luz moitas cousas esquecidas que poden dar moito de si.

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_