_
_
_
_
_
Luces

Seis bandas galegas, no Primavera Sound

Son os primeiros músicos galegos que participarán, entre os días 26 e 28 de maio, no festival considerado de referencia internacional do panorama indie, o San Miguel Primavera Sound de Barcelona. Despois dun proceso de selección para escoller aos máis acordes co estilo do festival, quedaron seis grupos dos 40 que se presentaron nun primeiro momento. Os afortunados foron: Colectivo Oruga, Disco Las Palmeras!, Eladio y los Seres Queridos, Igloo, Maryland e Nouvelle Cuisine.

As seis bandas terán 45 minutos cada unha para convencer ao público e, sobre todo, ás discográficas, salas de concertos e promotoras, xa que este evento constitúe un entorno idóneo para facer negocios. Deste xeito, actuarán ante un público especializado, polo que a participación neste evento se amosa unha oportunidade de promoción moi importante. Ademais, nesta edición, o colectivo de músicos galegos será o máis amplo entre bandas de Chile, Australia, Austria, Canadá ou Polonia.

Os grupos Colectivo Oruga e Disco Las palmeras! actuarán nun escenario distinto aos demais participantes. Trátase dunha cuestión de estilo musical, xa que son dúas bandas máis "gamberras", tal e como as definiu o director do festival, Alberto Guijarro. Beni Ferreiro, vocalista de Igloo, puxo fin onte á presentación en público dos artistas galegos con dous temas do novo disco.

Fórmula para triunfar

O director do festival, que se celebra en Barcelona, aproveitou onte na presentación pública dos grupos para dar algún consello aos representantes das bandas. Á hora de negociar non vale obsesionarse con conseguir invitacións para grandes festivais nin facer excesiva presión por venderse. "É importante que te coñezan, e que alguén da confianza do comprador o anime a verte", explicou Guijarro. Polo demais, é difícil dar unha fórmula máxica.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) é a promotora e patrocinadora das bandas galegas participantes. O director da axencia, que depende da Consellería de Cultura, Juan Carlos Fasero deu onte os detalles dos primeiros contactos cos organizadores do Primavera Sound. Foron en Brasil, onde coincidiron na mesma mesa representantes de músicos galegos e organizadores do festival. "Fomos coñecer mercados no estranxeiro e fixemos negocios cos de aquí", explicou Fasero.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_