_
_
_
_
_

Chega a Galicia a primeira mostra de Tarsilia do Amaral

A Fundación Caixa Galicia inaugurou onte na súa sede compostelana, en colaboración coa Fundación Juan March, a primeira exposición adicada á artista Tarsilia do Amaral en Galicia.

O conselleiro de Educación,Jesús Vázquez, o director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acudiron ó acto inaugural da mostra, que recolle preto dun cento de pezas da artista e se considera a máis importante ofrecida ata hoxe en España e unha das máis destacadas que se lle teñen dedicado á pintora fóra do seu Brasil natal.

A exposición manterase deica o 31 de xullo e componse de obras dos anos 20 e 30. Esta é a época máis prolífica da artista, na que soubo fusionar a influencia das vangardas europeas coa tradición popular da súa terra, nun estilo propio que inauguraría o movemento brasileiro coñecido como antropofáxico e co que procurou asimilar a cultura europea transformándoa con temas e cores locais.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_