_
_
_
_
_
Tribuna:Luces
Tribuna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las tribunas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Exorcismo caribeño

Cando a lexislatura remate e se faga balance, a Consellería de Cultura dirá que foi a que máis fixo polos artistas galegos, a que máis pelexou por nós... e seguramente terá razón. Digo máis, con datos na man é indiscutíbel. O que xa é opinábel é se iso é bo ou malo ou todo o contrario. E se é bo, para quen?

A consellería non é só de Cultura, éo tamén de deportes -non me preguntedes por que-, e ás veces funciona co modelo dunha federación deportiva. Nestas, o primeiro de todo é a ficha, federarse. Sen ficha non podes nin entrenar. Por outra banda, a teima máis recorrente das autoridades deportivas é o fomento do deporte base. Ben. Encántanme os deportes, seica son sanos e mesmo hai quen di que elevan o apetito sexual, pero nas artes, por exemplo en literatura, a calidade digna, o deporte base, non val nada: hai máis arte no fracaso, no feo ou no enfermo que no digno. Pensar que a creatividade artística se pode estimular como se estimula o deporte de base é unha estratexia errada. Pódense planificar o folklore, a artesanía ou os obradoiros de manualidades, a creatividade non.

Ademais, algo cheira a podre cando un goberno promove a arte, porque a arte é antiinstitucional, mesmo antisocial. Políticos e artistas eran inimigos naturais, ou non?

De aí que para un goberno, máis aínda en materia de cultura, resulte tan difícil saber o que non hai que facer como saber o que hai que facer. E máis valioso.

As industrias culturais e a consideración comercial dos seus produtos son para o país un síntoma de fortaleza. Non obstante, á hora de crear, non significan nada, ou só algo negativo. A promoción en bloque da sección de limpeza ou de conservas dun supermercado, fálanos de quen fai a promoción, máis que dos produtos. Aínda así a promoción dos libros galegos é algo macanudo, e natural cando a fan as editoriais; non tanto a promoción dos autores, que achamos propia de lacazáns. A Xunta non debe ser editora nin promotora de espectáculos nin axencia de viaxes nin adonarse de canta iniciativa hai, a base de financiala.

Todo acto co carimbo de artístico, se o organiza un goberno, xa pode ter a participación de cantos artistas se queira, convírtese nun acto político. E que? Que ten de malo iso? En principio nada. O que un non concibe é a un creador, que é basicamente un neurótico sádico e perverso, aceptando ser embalado e certificado coma un burócrata encollido, coma a última versión da catequese.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

"Si home si. O que a ti che pasa é que mentres outros tomaban mojitos e daiquiris no malecón, ti devolvías baba verde pola boca coma a nena do Exorcista". Igual si. Igual son esa nena de ollos de xofre que blasfemaba en linguas mortas co pescozo virado e a voz de cazalla... Sobre todo se a alternativa é a Casa da pradeira.

Volvamos á industria. Un produto busca mercados alleos cando no seu non atopa saída ou cando se vende tanto que satura o mercado. O segundo aquí non parece ser o caso; falo da literatura, que é o que coñezo. Pero o futuro da literatura non o situaría eu en Cuba nin en Francfort senón, partindo do ocio e o benestar, na belixerancia radical en torno á defensa da lingua. E iso non se arranxa abrindo a carteira e dicindo: "Canto hai que dar?" Iso é o último. O primeiro é implicarse persoal e politicamente, non comezar as negociacións polo consenso ou as expectativas de rebaixa, senón polas ideas e as conviccións propias.

Cartos tirados. Que "un día é un día e un peso gastouse!" como dixo Fraga Iribarne cando soñou co pesadelo do Gaiás. Pero hai que saber que son cartos disfrazados de investimento, que non buscan o beneficio ou a expansión comercial. Son promoción no exterior para o interior, máis agradecida; nin sequera para o público senón para nós, os produtores. Son unha lección de como funcionan as cousas: os que si, xa saben; e os que non, xa saben.

Claro que, cun par de mojitos, veríao todo perfecto.

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_