_
_
_
_
_
BOTELLA AO MAR | LUCES
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Sexo, patacas e inmortalidade

O SEXO É COBIZA, cobiza xenética. Iso é o desexo sexual. O degoxo de posuir outros xens.

Claro que A XENÉTICA É UNHA FORMA DO MISTERIO. O misterio é a vida. E a morte a confirmación do misterio.

"¡KEVIN COSTNER DE JEZÚUU! ¡Sal del agua! ¡Que te lo tengo disssho!"

AO VOAR CON VUELING: trátante de "tú". Non é por cercanía, é por falta de educación.

ASÍ DESCUBRIMOS QUE outros nos tratan con respecto a cambio de diñeiro. Porque se voamos cunha compañía aérea que non nos respecta non é pola calidade, é porque sae máis barato.

E ASÍ DESCUBRIMOS TAMÉN QUE cambiamos o respecto a nós propios a cambio de diñeiro. Se cadra non somos mellores ca eles.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

O TRACTORIÑO DO VECIÑO, anda nas patacas, non me deixa oír a música.

Dubido en se cerrar a xanela, mais logo deixo que o bruar do seu Pascuali se mesture coa música do Rachmaninov. É unha mestura curiosa, coa súa discordancia, a da arte coa vida.

O MÁIS SEGURO QUE RACHMANINOV tamén comía patacas.

VID. YOUTUBE: "Rachmaninov had big hands".

POSTAL NORTEAMERICANA: ese rapaz armado que mata aos seus compañeiros indiscriminadamente...Por que? Non será que lle fixeron algo? Será que lle fixeron algo antes entre todos. Ninguén nos explica ese misterio previo: por que o fai? Por que odia a todos?

O LINCHAMENTO, A RABIA DA MASA: eis o rostro oculto e verdadeiro dos EE.UU. Cando a masa teme a un.

O MEDO a estar só, o medo a ser distinto. O odio da masa ao que é distinto.

QUIZAIS ESE RAPAZ ARMADO o que fai é devolverlles o ataque. O seu é o ataque de alguén que xa está morto, que xa foi liquidado antes. Estes xoves asasinos xa están mortos antes, e cando rematan a súa carnificina métense un tiro. Logo ven o abraio, o desconcerto, a mudez. E ninguén nos explica nunca qué lle fixeron antes.

A INMORTALIDADE, esa idea é un tóxico que envenena a vida dalgúns.

Quen padece o mal de procurar ese Grial, baleiro, padece unha conciencia da mortalidade, por contraste. A procura da inmortalidade acentúa a mortalidade.

A MUTILACIÓN, O DANO, A FERIDA, son os signos de ter vivido.

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_