_
_
_
_
_
Entrevista:Miguel Martín | Xerente do Instituto de Artes Escénicas e Musicais | LUCES

"As axudas ao teatro seguirán crecendo nos vindeiros anos"

O Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (Igaem) convertiuse ao longo destes anos no indicador do estado do mundo da escea en Galicia. O actual xerente, Miguel Martín (A Coruña, 1965), afronta nestes momentos un cambio estrutural que aposta por transformar ao Igaem nunha institución que centre a súa actividade no desenvolvemento do tecido productivo das artes escénicas.

Pregunta. ¿Cales son as liñas mestras dos cambios que están en marcha no Igaem?

Resposta. Estamos facendo unha reformulación dos ámbitos de intervención. Queremos separar a parte da cultura que ten que ver co interese dos cidadáns do que ten que ver coas industrias culturais. Todo o que se refire a garantía de acceso dos cidadáns á cultura quedaría en mans da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e o que se refiere á atención á cultura desde a perspectiva económica quedaría en mans do futuro Instituto Galego de Industrias Culturais, ou da denominación que se elixa. A intención e que esta nova institución entre en funcionamento no primeiro trimestre de 2008. Neste sentido atenderemos a todo o que teña que ver coa producción cultural desde a perspectiva do mercado.

Más información
Tempo de mudanza na escena galega

P. ¿Cales son os obxectivos desta reestructuración?

R. O obxectivo fundamental é potenciar o tecido empresarial no ámbito das artes escénicas, da música, do audiovisual e probablemente tamén no mundo da edición. Trátase de ter unhas empresas fortes, competitivas e innovadoras nestes ámbitos, cunha importante proxección exterior e que no interior se convirta nunha alternativa de consumo para os cidadáns galegos. Segundo os nosos datos, actualmente a poboación galega que accede a nosa programación de teatro e danza sitúase entre 20.000 e 25.000 persoas, e nós consideramos que o potencial de crecemento e moi elevado. Debemos aspirar a que o teatro e a danza se convirtan nunha alternativa de consumo cultural para sectores moito máis amplos.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

P. ¿É viable ese obxectivo co panorama actual de moitas compañías pequenas e, nalgúns casos, con escasa actividade?

R. Non aspiramos a que haxa menos empresas, senón a que teñamos máis empresas e máis potentes. Non hai unha idea de reducción, tal vez o que si sexa necesario e apostar por una melloría da capitalización e profesionalización das empresas. E probable que sexa necesario un crecemento das empresas pero non ten que haber necesariamente menos empresas, incluso pode crecer o número. Nós aspiramos a que o mercado creza, non ao reparto da miseria.

P. O Igaem puxo en marcha un novo sistema de axudas con novidades como unha certa vinculación do apoio á asistencia de público aos espectáculos. ¿Vaise profundizar nesa liña?

R. Imos ver que resultado ten esta experiencia, é unha aposta de futuro. Consideramos que hai que apostar pola captación dos públicos e iso ten que ser una preocupación tanto das salas, como da Administración e das compañías.

P. ¿Está estudiando o Igaem a posibilidade de suprimir as axudas directas ao sector?.

R. A conselleira Ánxela Bugallo do que falou foi da posibilidade de establecer novos instrumentos de apoio ao sector. O plantexamento é incrementar as dotacións das axudas e ofertar ás empresas outros instrumentos de apoio como poden ser os créditos. O que está previsto é que as axudas sigan crecendo a unha taxa do 20% anual. O que plantexamos ao sector é que ten que crecer o apoio ás artes escénicas pero non para que sexan máis dependentes senón para que gañen en autonomía. Non é factible agora que o sector poida subsistir sen axudas públicas directas. O noso obxectivo é que a dotación sexa maior, pero que a dependencia das compañias das axudas diminúa.

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_