_
_
_
_
_
Reportaje:DÚAS LINGUAS SEN FRONTEIRA | LUCES

Da canción de autor ao pop 'indie'

O territorio común musical entre Portugal e Galicia medra dende os primeiros anos 70

Cando José Afonso, en 1971, cantou no comedor do Burgo das Nacións de Santiago de Compostela, apareceron as primeiras fendas na raia. As músicas modernas, pop en certo sentido, de Galicia e Portugal comezaban unha aproximación que se percibía como lóxica e natural. Benedicto, un dos piares das Voces Ceibes, fora o contacto. Entre a audiencia daquel histórico concerto atopábase Suso Iglesias, actual director da Televisión de Galicia. "Daquela eu apenas tiña 17 anos e era un fan do Zeca", explica, "e achegueime a el ao acabar o concerto". "Con todo, para ser xusto", aclara, "o cantor Luís Cília, tamén portugués, estivera antes no país". José Afonso presentaba na capital galega o seu elepé Traz outro amigo também, editado en 1970.

Más información
O contacto galego do Zeca

A relación que o xornalista Suso Iglesias iniciou co mito da canción portuguesa confirmouse coma unha das pontes pioneiras entre as culturas musicais de ambas as dúas beiras do río Miño. "Eu marchei estudar a Madrid", relata Iglesias, "e organiceille varios concertos ao Zeca". Naquela altura, Fausto ou Vitorino acompañaban ao autor de Grândola, Vila Morena nos escenarios. "Eu trabei amizade con eles, que logo se independizaron de José Afonso e comezaron carreiras en solitario ben interesantes", indica. Os concertos dos cantautores portugueses fixéronse frecuentes en Galicia, a miúdo a través de, precisamente, Suso Iglesias. Fausto, de quen a canción Rosalinda acadou gran popularidade ao norte d'A Guarda, até chegou a gravar co grupo de folk Na Lúa no disco de 1989 Ondas do mar de Vigo.

O propio Fausto falaba hai cinco anos da necesidade de que Galicia e Portugal formasen, á fin, un mesmo espazo cultural. Na mesma liña maniféstase Uxía Senlle, solista de Na Lúa en 1989 e, na actualidade, abandeirada da causa galego-portuguesa. "Trátase dun territorio natural de encontro", asegura Senlle, "en primeiro lugar polo idioma". A cantante organiza o espectáculo Cantos na maré, que se celebra en Pontevedra dende hai catro anos e onde se xuntan músicos de todos os países de fala portuguesa. "O futuro da música galega pasa pola relación coa comunidade de países de lingua portuguesa", pensa Uxía Senlle, "tamén por razóns de mercado".

O tempo axuda a exceder tópicos. Fausto denunciaba que o salazarismo instalara o fado como "musica nacional portuguesa" e esquecera a riqueza doutras zonas do país. Uxía Senlle apunta nesa dirección e lembra a Dulce Pontes, con quen vén de colaborar, ou a "un dos mellores pianistas de jazz europeos, Bernardo Saffetti". Senlle mesmo lembra a importante escena pop rock que existe en Portugal. "Grupos como Gaiteiros de Lisboa combinan unha perspectiva vangardista coas raíces tradicionais", di.

A gravación, na década dos 90, das escolmas discográficas do programa da TVG Xabarín Clube foron, segundo Uxía Senlle, un intre decisivo no contacto pop entre Galicia e Portugal. Detrás, outra volta Suso Iglesias, inventor e ideólogo do espazo televisivo. "Trouxemos a bandas como Brigada Víctor Jara, Trovante, Xuntos & Pontapés ou Gaiteiros de Lisboa", conta, "e puxémolos a gravar coas bandas de aquí". En posteriores edicións dos cedés, a nómina ampliouse a todo o ámbito lusófono, con formacións angolanas, os célebres Kussondulola, ou do Brasil. As últimas experiencias musicais conxuntas de Galicia e Portugal dan cunha paraxe obrigada na Asociación Cultural Audiência Zero. Con sede no Porto, Audiência Zero traballa no eixo Norte / Galiza e monta concertos en Portugal da nova música pop galega -Niño y Pistola, 6PM ou The Homens- e en Galicia dos grupos underground lusos -Frat Freddy ou Green River-. Pero a contemporaneidade rexistra diferencias con épocas pasadas. O pop portugués cédelle o espazo lingüístico ao inglés, como aquel indie madrileño de mediados da pasada década.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_