_
_
_
_
_
LUCES

Antón Alonso Ríos, deputado, mendigo e presidente

A peripecia do deputado Antón Alonso Ríos (Silleda, 1887-Bos Aires, 1980) fuxindo tres anos disfrazado de mendigo dos que o perseguían para matalo merece a sorte dunha película. Co título de mestre no seu peto ten que marchar traballar a Arxentina. As súas preocupacións tiñan moito que ver coa situación dos labregos asoballados polo caciquismo e entre outras iniciativas é fundador da Federación de Sociedades Galegas Agrarias e Culturais que o envían, xunto a Ramón Suárez Picallo, para representar os emigrantes na nova situación democrática nacida o 14 de abril de 1931. Director de escola en Tomiño, participa intensamente na política galega e preside as primeiras asembleas que debateron o anteproxecto de Estatuto de Autonomía. En febreiro de 1936 é elixido deputado da Fronte Popular. Cando se produce o golpe militar Alonso Ríos sabe desde o primeiro momento que a súa cabeza está en xogo. Participa na organización da resistencia en Tui, a derradeira cidade galega en caer nas mans dos sublevados, o 25 de xullo de 1936, e onde a represión foi feroz. Alonso Ríos inicia unha memorábel fuxida durante tres anos, que o levan a adoptar a personalidade dun naturalista brasileiro nado en Lisboa, que andaba pedindo esmola logo da morte de seu pai. Toda esa peripecia, na que exerceu de criado, xornaleiro e mesmo chegou a disfrazarse de frade, escribiuna nas memorias O Señor de Afranio ou como me rispei das gadoupas da morte, cuxo manuscrito pódese ver na exposición Memorial da Liberdade, xunto coa fotografía que clandestinamente se fixo en Ourense para confeccionar un pasaporte, co que finalmente logrou embarcar cara América, onde chega o 29 de xuño de 1939.

Alonso Ríos foi presidente do Consello de Galicia tras a morte de Castelao

Xa incorporado á comunidade de emigrantes e exiliados, Alonso Ríos formou parte do Consello de Galicia, organismo de fideicomisariado da vontade política expresada nas urnas en 1936, xunto con outros deputados galegos exiliados.

Presidido por Castelao, até a súa morte e 1950, Antón Alonso Ríos sucedeuno na presidencia do organismo até a súa morte e, como no caso vasco ou catalán, ben podería ter sido en 1978, o primeiro presidente da Autonomía galega.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_