_
_
_
_
_
Reportaje:LUCES

¿Vésenos desde lonxe?

As mulleres entran tamén na xestión e ensino da actividade artística

Sorprende que metidos no entorno cotidiano, onde día a día os elementos de traballo son clasificados atendendo a parámetros puntuais, a engranaxe da cadea de traballo se deteña para incluir unha pregunta de tema: ¿Onde están as mulleres que construen a arte en Galicia?, ¿témolas catalogadas?, ¿afástanse, nalgunha medida, da reinterpretación das características do xénero no discurso artístico?, ¿emprégase a arte como vehículo de propaganda ou de reflexión acerca do crecente e imparable avance do feminino?

Probablemente, como ten sucedido con temas forza nos últimos 50 anos, a necesidade de alimentar o xigante que esperta propicia que quenes teorizan e investigan sobre o traballo da muller no terreo da arte estén aportando documentos, obras e estudos, pero con unha discusión interna sobre que liña debe ser a consensuada para construir o mapa da arte executado polas mulleres en Galicia.

"Aínda que dispoñemos doutras ferramentas, as cousas non mudaron tanto"

O seminario dirixido por Anxela Carmés na Fundación Luis Seoane, Subxectividades críticas e narrativas identitarias. Feminismos e creación contemporánea no Estado español abordaba de xeito extenso e analítico o papel desenvolvido pola muller dentro da cultura contemporánea, en especial na xeografía galega. As conclusións, prontas xa para seren publicadas, recollían ideas e reflexións dalgún xeito normalizadas nas que, no caso de Uqui Permuy, salientaba que a discriminación positiva "é necesaria pero non desexable". Ou Carme Nogueira, quen afirmaba que no panorama da participación feminina "ainda que dispoñemos doutras ferramentas, as cousas non mudaron tanto, quizáis teñan mudado as máis visibeis".

A meiados deste ano, outra artista galega, Mar Caldas, viña a difundir un texto no que afirmaba: "Calquera signo de pertenza a un grupo estigmatizado afecta de xeito negativo a todo o que son e a todo o que fan os individuos. Así, o sexo femenino actúa como un coeficiente simbólico negativo que, no campo da arte, repercute en que, a igualdade de circunstancias, as mulleres non ingresan, permanecen e acadan o recoñecemento nel no mesmo grao que os homes".

Así as cousas, é certo que xa se ten avanzado en reflexionar e abrir vías de investigación sobre o plantexamento conceptual do papel da muller na arte galega, mais o resultado real e a estimación obxectiva é que non se institucionalizou e, máis ainda, non se trazaron as pontes para iniciar un proceso formal da importancia dun número, pequeno ou grande pero interesante, de artistas e creadoras en xeral que aportaron e aportan un significativo PIB cultural.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

De feito, un proxecto levado a cabo en 1995, polo Auditorio de Galicia, A arte inexistente: as artistas galegas do século XX, con textos da especialista Estrella de Diego e comisariado por Rosario Sarmiento, e as iniciativas do grupo Alecrín de Vigo arredor das súas bienais de arte feminino, son dúas das escasas postas en escea, en exclusiva, que se xeraron en Galicia.

Sen embargo, duvido que a tempo real seña beneficioso incidir neste aspecto propagandístico do papel da muller na arte galega. A día de hoxe, e unha vez que as abandeiradas, acólitas e defendidas corremos como tolas pola banda para evitar foras de xogo, sen saber moi ben quen era o equipo contrario, creo que o trasunto pasa por empregar ferramentas que están ao noso dispor. Ás veces, por ese entorno de traballo determinado por parámetros estabeis. Outras porque a normalización do papel da muller vaise construindo como un puzzle sen estampa orixinal; non fumos conscientes de que poderíamos facelo.

En certa medida a forza militante do xénero decae a medida que se consolidan os logros e no mundo da arte o posicionamento da muller acadou modelos de asimilación rápida como son os de xestión, ensino, pedagoxía... desprazando a visibilidade masculina na meirande parte. Ese decaemento da reivindicación non propicia que a presencia feminina remate por acadar a normalización necesaria e desexable: presenza en proxectos expositivos, axudas, becas, representatividade xeográfica ou a simple experiencia de ser considerada unha artista sen ser un personaxe diferenciado.

Tamén resulta curioso observar o concepto de excelencia que acompañou a meirande parte das artistas femininas galegas, fora cal for o seu posicionamento político. Falo de figuras como Maruja Mallo, Julia Minguillón ou María Antonia Dans. E xa máis perto, de outras como Bea Rey, Menchu Lamas, Ángela de la Cruz ou Carmen Nogueira. Todas van coas notas máis altas ao lado dos seus coetáneos, e convírtense en traxectorias fundamentais para explicar o anaco da evolución artística na que viven.

Creo que o fundamental na estrea do século XXI é que, se ben a normalización entrou na Facultade de Belas Artes, o feito é que ainda non saíu. Tamén é certo que as vías de saida son aquí máis complicadas que noutros terreos creativos e que a visibilidade posterior contrólase con mecanismos de certa complexidade. Pero tamén haberá que ter en conta que a visibilidade dos traballos das artistas comeza estar controlada, alomenos nunha porcentaxe equitativa, polas propias mulleres, que acadaron eses modelos de asimiliación rápida que antes se mencionaban.

Mantendo estabeis todos os factores actuais é só unha cuestión de tempo. Nos procesos de construcción ex novo as lagunas por defecto aparecen para recordar a nosa propia fraxilidade ante o descoñecido. Pero a infraestructura do discurso continuará aportando puntos de vista e sinais novedosas para a reflexión. Simplemente, e só unha cuestión de tempo para que ó corpus de artistas galegas poida ser avistado desde lonxe.

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_