_
_
_
_
_
Reportaje:Luces

Vídeo, foto e artes plásticas nos museos de Vigo

Un sanatorio abandonado, as experiencias sensoriais dun grupo de invidentes e guións escritos por pacientes psiquiátricos con pretextos tomados da historia do cinema e da cultura clásica son algúns dos fíos cos que os artistas Vasco Araújo (Lisboa, 1975) e Javier Téllez (Valencia, Venezuela, 1969) tecen as obras audiovisuais, a unha ou outra beira da cordura, que, desde hoxe, se poden ver no Museo de Arte Contemporánea de Vigo. A exposición Máis que a vida, coproducida pola Fundação Calouste Gulbenkian de Lisboa, onde se estreou a primavera pasada, e comisariada por Isabel Carlos, é a proposta coa que a institución cultural da rúa Príncipe abre a tempada, que se completará en outubro cunha retrospectiva do fotógrafo Virxilio Viéitez (Soutelo de Montes, 1930-2008), en colaboración con Telefónica.

Fotográfica é tamén a mostra que se pode visitar na Casa das Artes con fondos do Arquivo Pacheco. Os anos escuros é unha selección de 80 imaxes tomadas en Galicia entre 1936 e 1950 pola saga de fotógrafos. As instantáneas retratan a transformación social e económica que deveu da caída do Goberno republicano e o ascenso do franquismo: o poder militar, o desenvolvemento urbanístico, así como os actos propagandísticos da ditadura e da súa connivencia co nazismo.

Manuel Barro

No mesmo edificio ten sede da Fundación Laxeiro, que desde comezo do verán acolle a exposición Os pasos perdidos, un paseo mental e físico pola trama urbana do campus universitario de Pontevedra. No derradeiro trimestre do ano, a fundación estreará Laxeiro: imaxes escritas, reflexións, cartas e ficcións, con algúns inéditos.

Na sala de exposicións do Centro Cultural Caixanova vén de abrir portas unha antolóxica do artista Manuel Ruibal (Barro, 1942) dentro da serie Grandes artistas galegos. Trazos dunha historia percorre varias décadas de carreira a través de 47 pezas, pinturas e esculturas, procedentes da coleción particular do pintor, do fondo Caixanova e doutras pinacotecas particulares e públicas, como o Museo de Pontevedra. A selección reflicte a evolución do artista do costumismo á sobriedade e á abstracción da súa obra última. E o museo Verbum de Samil recibe a mostra Brais Pinto. O afiador revolucionario, sobre este grupo intelectual. En novembro estreará unha exposición sobre bibliofilia.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_